A GALIÑA DE MOS E A CACHENA NA "XX FESTA DO LACÓN CON GRELOS" EN ORDES

10-11 DE MARZO DE 2018. ORDES (A CORUÑA)
[A GALIÑA DE MOS E A CACHENA NA "XX FESTA DO LACÓN CON GRELOS" EN ORDES - uploads/9/news/5a8ab563de-11-lacon.jpg]

Esta fin de semana, celébrase a “XX festa do Lacón con Grelos” en Ordes (A Coruña), e coma noutras edicións coincidindo coa festa organizarase unha mostra de gando de razas autóctonas. Participarán as seguintes criadoras da provincia de Coruña con exemplares vivos e publicidade das razas Cachena e Galiña de Mos: Mari Luz Gómez con "Granxa o Castiñeiro" do concello de Ordes (razas Cachena e Galiña de Mos), Danáe Fernández Romay con "Ganadería Beiras Fernández" do concello de Brión (raza Cachena) e Cruz Grille do concello de Tordoia (raza Galiña de Mos).

Máis información no seguinte enlace XX FESTA LACÓN CON GRELOS ORDES