A GALIÑA DE MOS E A CACHENA ESTIVERON NA XX FESTA DO LACÓN CON GRELOS

10-11 DE MARZO DE 2018. ORDES (A CORUÑA)
uploads/9/news/fotomontaje-para-web-2.png

O 10 e 11 de marzo celebrouse a “XX festa do Lacón con Grelos” en Ordes (A Coruña), e coma noutras edicións coincidindo coa festa organizouse unha mostra de gando de razas autóctonas, na que participaron Mari Luz Gómez do concello de Ordes - A Coruña (razas Cachena e Galiña de Mos), Danáe Fernández Romay do concello de Brión -Coruña (raza Cachena) e Cruz Grille do concello de Tordoia -A Coruña (raza Galiña de Mos). Expuxeron os seus preciosos exemplares das razas Cachena e Galiña de Mos, e difundiron as cualidades destas razas e os seus produtos repartindo abundante publicidade.

 


|
| © Boaga 2018