A CARNE DE CACHENA E OS OVOS DE GALIÑA DE MOS, PROTAGONISTAS DO FESTIVAL DE ORTIGUEIRA

Ortigueira (A Coruña). Do 13 ao 16 de xullo de 2017
[A CARNE DE CACHENA E OS OVOS DE GALIÑA DE MOS, PROTAGONISTAS DO FESTIVAL DE ORTIGUEIRA - uploads/9/news/food-truck-cachena-ortigueira.png]

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, declarado Festa de Interese Turístico Internacional, celebrará a súa trixésimo terceira edición do 13 ao 16 deste mes. Este ano, entre concerto e concerto, os festivaleiros poderán repoñer forzas con deliciosas hamburguesas de carne de Cachena e revolto con ovos de Galiña de Mos, que elaborará o cociñeiro Antonio Díaz na súa food truck Autga. A carne e os ovos proceden da "Gandería Tras do Río", de Loiba (Ortigueira) e "Aves do Concello" (Vilalba). Non o perdades!