A CARNE DE CACHENA NUNHA “MASTERCLASS” DE COCIÑA AUTÓCTONA NA PROVINCIA DE LUGO

Restaurante Roma - Sarria; Mércores 11 de decembro de 2013 - 16:30h
[A CARNE DE CACHENA NUNHA “MASTERCLASS” DE COCIÑA AUTÓCTONA NA PROVINCIA DE LUGO - uploads/9/news/masterclass-de-cocina-2.jpg]

O mércores 11 de decembro de 2013, ás 16:30h, celebrarase no restaurante Roma en Sarria, unha  Masterclass de Cociña Autóctona con carne de Raza Cachena entre outros. A Masterclass de cociña autóctona na que se pode participar, está enfocada a dar a coñecer un menú elaborado con moi bos produtos autóctonos da provincia de Lugo,  produtos da horta, da tenreira de raza Cachena e da carne de Porco Celta.

Vicente Fontal Vázquez é o chef do Restaurante Roma e a persoa que dirixirá a Masterclass.

Entre os pratos elaborados con Cachena, poderase degustar “Costillar de Buey Auténtico Cacheno de San Breixo Estofado”, “Lomo de vaca vieja Cachena de San Breixo a la Parrilla” ou “Picaña de Ternera Cachena de San Breixo a la Brasa”.

A carne de raza Cachena procede de “Cachenas de San Breixo” de Triacastela (Lugo), unha das empresas que colabora co desenrolo da Masterclass

máis información en Masterclass de cociña