A CABRA GALEGA NO “I ENCONTRO COA HISTORIA”

Mosteiro de Caaveiro, días 20 e 21 de agosto 2016
[A CABRA GALEGA NO “I ENCONTRO COA HISTORIA” - uploads/9/news/cartel-i-encontro-coa-historia.jpg]

No concello de A CAPELA van a celebrar o “I ENCONTRO COA HISTORIA. O PREÁMBULO”. Unha volta aos orixes que nesta ocasión vai a contar con exemplares de CABRA GALEGA procedentes da explotación -dun dos nosos criadores- “A SERRA GANDEIRÍA” situada  en O Burgo  (MURAS).

A cita non ían a faltar os postos de artesanía e alimentación, representacións das artes e dos oficios de antes, ... e todo aderezado con espectáculos de animación.

Todo isto, xunto co xa de por sí impresionante entorno, son unha alternativa  perfecta para desfrutar a fin de semana e poder coñecer  de preto esta raza autóctona en perigo de extinción -a Cabra Galega-.