A CABRA GALEGA ESTARÁ OUTRO ANO MAIS EN MERLÁN

16 setembro 2018. Merlán (Chantada-Lugo)
[A CABRA GALEGA ESTARÁ OUTRO ANO MAIS EN MERLÁN - uploads/9/news/img_20170917_104638.jpg]

A cabra Galega estará o día 16 de setembro nunha nova edición da Festa da Cabra de Merlán, que igual que en anos anteriores organiza a Asociación de Veciños de Santo Tomé de Merlán, en Chantada, no campo da festa do pobo. Alí estaremos participando dende a mañá cun stand repartindo abundante información sobre a raza. E despois poderase degustar a tradicional carne de cabra ao Caldeiro. Non o perdades!