A ASOCIACION GASTRONÓMICA VACALOURA ORGANIZOU UNHA DEGUSTACIÓN DE GALO MOS.

Vilares-Ponte Bora (Pontevedra) 29 abril de 2016
[A ASOCIACION GASTRONÓMICA VACALOURA ORGANIZOU UNHA DEGUSTACIÓN DE GALO MOS. - uploads/9/news/asociacion-gastronomica-vacaloura_90.jpg]

A Asociación Gastronómica Vacaloura organizou o pasado 29 de abril en Vilares, Ponte Bora, concello de Pontevedra a primeira edición da Exaltación do Galo Mos, consistente nunha degustación de galo, con exemplares dos criadores Augusto Fontán, da granxa Finca IN-Dependencia e de Javier Riqueza, da granxa Finca O Eirado, ambas no concello de Pontevedra. O obxectivo foi o de promocionar na zona as virtudes das carnes do galo da nosa raza Mos.