OS PRODUTOS DA RAZA LIMIÁ, ESTIVERON EN BIOCULTURA CORUÑA

2-4 marzo 2018. A Coruña
[OS PRODUTOS DA RAZA LIMIÁ, ESTIVERON EN BIOCULTURA CORUÑA  - uploads/9/news/28379373_1143687149094536_3232275502005239333_n.jpg]

Os produtos da raza Limiá estiveron presentes en “Biocultura Coruña 2018”, a primeira feira de produtos ecolóxicos e consumo responsable que se celebrou en Coruña do dous ao catro de marzo, e que pasará por distintas cidades españolas. Da man dos criadores CHOTOIBA SC, que son produtores da raza Limiá do concello de A Golada e operadores autorizados para o logotipo 100x100, estiveron promocionando a raza e vendendo os produtos de Limiá da súa gandería, certificados co logotipo 100X100 raza autóctona Limiá, e que tamén traballan en ecolóxico.