A Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) constitúese en febreiro de 2001 como unha Federación de Asociacións sen ánimo de lucro, con cinco asociacións fundadoras:

  • Asociación de Criadores da Raza Cachena (Cachega)
  • Asociación de Criadores da Raza Caldelá (Caldega)
  • Asociación de Criadores da Raza Limiá (Limiaga)
  • Asociación de Criadores da Raza Frieiresa (Frieirega)
  • Asociación de Criadores da Raza Vianesa (Vianega)

Nos estatutos da federación recollíase que soamente poderían formar parte dela as asociación gandeiras de gando bovino autóctono de razas oficialmente recoñecidas en perigo de extinción.

En marzo do ano 2007 apróbase a modificación dos Estatutos da Federación, e froito desa modificación entran a formar parte de Boaga a Asociación de Criadores da Raza Ovella Galega (Asovega) e a Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos (Avimós), sendo desde entón sete o número de socios.

En xaneiro do ano 2010 fírmase un convenio de colaboración coa Asociación de Gandeiros da Raza Cabra Galega para a realización dos traballos de Xestión do Libro Xenealóxico da Cabra Galega.


|
| © Boaga 2017