As razas autóctonas galegas terán un papel protagonista na Semana Verde

[As razas autóctonas galegas terán un papel protagonista na Semana Verde - uploads/9/news/dsc_0406.jpg]

29.05.2013. O recinto feiral de Silleda acollerá do 13 ao 16 de xuño a 36º Semana Verde de Galicia, unha edición na que as razas autóctonas galegas en perigo extinción serán sen dúbida as protagonistas dentro da área gandeira.

O director da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga e secretario xeral da Federación de Razas Autóctonas Españolas (Federapes), José Ramón Justo, analizará a evolución das razas autóctonas galegas e as do resto do país. Así mesmo, a economía das explotacións será o tema central de dúas conferencias que impartirá Marina Rosende, subdirectora da área económico-financieira de Boaga. Na primeira abordarase o réxime especial de agricultura, gandería e pesca, mentres que a segunda centrarase na fiscalidade da pequena empresa agropecuaria.

Ademais, está prevista a celebración de varias xornadas técnicas durante os catros días que se vai estender esta edición da Semana Verde. En concreto, abordarase a situación da Galiña de Mos, do Porco Celta, da Ovella Galega e das cinco razas bovinas autóctonas de Galicia (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa). Tamén se dará a coñecer a regulamentación e o funcionamento das poxas de gando da Central Agropecuaria de Galicia.

Exposicións, concursos e asembleas

Por outra banda, as razas autóctonas galegas en perigo de extinción conformarán un total de 11 exposicións comerciais, dentro do mercado tradicional gandeiro da Semana Verde.

Dúas asembleas, de Avimós (Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos) e Asoporcel (Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta), e tres concursos de gando completarán o amplo programa destas razas na Semana Verde 2013.