CONVENIO XUNTA-BOAGA 2016-2019


CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA (BOAGA) PARA A CONSERVACIÓN, O DESENVOLVEMENTO E A UTILIZACIÓN SOSTIBLE DOS RECURSOS ZOOXENÉTICOS DAS RAZAS BOVINAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN, DA OVELLA GALEGA, DA CABRA GALEGA, DA GALIÑA DE MOS E DOS SEUS PRODUTOS DERIVADOS, COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER), NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014_2020

 

Galicia conta cunha gran diversidade de recursos xenéticos gandeiros autóctonos. A súa explotación sostible e rendible en sistemas de produción de calidade altamente compatibles co medio ambiente é posible, en gran parte, pola rusticidade e a gran capacidade adaptativa destas razas.

Na actualidade, a conservación e o fomento destas razas debe apoiarse no valor engadido que vai asociado á forma de produción característica das mesmas, cun grande aproveitamento dos recursos naturais pero sen esquecer a protección do medio ambiente. Valor engadido que se estende tamén aos produtos que se obteñen das mesmas, diferenciándoos e incrementando a súa demanda e o seu prezo.

Cómpre seguir traballando na conservación destas razas, polo que se procede a asinar un convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga, con miras á recuperación e á potenciación das súa variabilidade xenética, diferenciando as súas producións, contribuíndo a diversificar as actividades económicas no rural e facendo un uso comercial das razas e sos seus produtos, pero sen esquecerse do mantemento da biodiversidade. Xorde, polo tanto, o CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA (BOAGA) PARA A CONSERVACIÓN, O DESENVOLVEMENTO E A UTILIZACIÓN SOSTIBLE DOS RECURSOS ZOOXENÉTICOS DAS RAZAS BOVINAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN, DA OVELLA GALEGA, DA CABRA GALEGA, DA GALIÑA DE MOS, E DOS SEUS PRODUTOS DERIVADOS, COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER), NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014_2020, que se asina para o período 2016-2019.

Boaga levará a cabo actividades que se agrupan en tres bloques:

  • Actividades relativas á conservación “in situ”/”ex situ” e tarefas de estudo

  • Actividades relativas á mellora das explotacións e das súas producións

  • Actividades relativas á promoción das razas


|
| © Boaga 2017