UN SHOWCOOKING CON 100% RAZA AUTÓCTONA CACHENA, CALDELÁ, FRIEIRESA, LIMIÁ E VIANESA

Salimat 2016. Silleda- 9 de xuño 2016
[UN SHOWCOOKING CON 100% RAZA AUTÓCTONA CACHENA, CALDELÁ, FRIEIRESA, LIMIÁ E VIANESA - uploads/9/news/img_0388.jpg]

A Feira Internacional Semana Verde foi unha excelente ocasión para presentar e divulgar os logotipos "100% Raza Autóctona”das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa á que asistiron ademais de representantes do MAGRAMA e da administración autonómica , criadores das nosas razas autóctonas e outros profesionais do sector que achegaron as súas experiencias.

Estas novas marcas de calidade foron visibles nunha orixinal proposta de degustación ideada polo cociñeiro Antonio Díaz, do restaurante Andarubel-Fragas do Eume. Cos produtos das 5 razas bovinas autóctonas, Antonio e o seu equipo, presentaron pratos tan suxerentes coma “Carpaccio de raza Cachena con queixo de Allariz”, “Carbonara Flamande de tenreira de raza caldelá”, “Picaña de raza Frieiresa con castaña”, “Solombo de raza Vianesa e boletus” ou “Xarrete de raza Limiá ao viño Mencía e castañas”