Limpar
uploads/9/news/ovella_galega_rio_lea_2j.peg

XORNADAS GASTRONÓMICAS DE CORDEIRO DE RAZA OVELLA GALEGA NO RESTAURANTE RÍO LEA

06.05.2013. O restaurante Río Lea (Castro de Ribeiras de Lea, Lugo) está celebrando dende o 3 de maio as Xornadas Gastronómicas de Cordeiro de Raza Ovella Galega. Prolongaranse ata o día 26 deste mes e consisten no ofrecemento dun menú selecto a base de canelóns de cordeiro, cordeiro asado, sobremesas caseiras e viño Ribeira Sacra Valcar.


Ler Máis »

uploads/9/news/sin-titulo.jpg

O blogueiro Enric Ribera dedícalle un post ás razas autóctonas galegas

03.05.2013. O xornalista e escritor Enric Ribera Gabandé vén de publicar no seu blog da rede social TV Cocina unha entrada dedicada a cada unha das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción. No ...


Ler Máis »

uploads/9/news/miniatura-empanada_1.jpg

X Festa da Empanada de Forquellas e Cachena en Entrimo

2.05.2013. Este domingo 5 de maio celebrarase a X edición da Festa da Empanada de Forquellas e Cachena da Serra do Quinxo, que terá lugar no pavillón polideportivo de Entrimo (Ourense). A comida comezará a partir das dúas do mediodía e os asistentes poderán degustar un menú composto por empanada, carne cocida, pan, viño e sobremesa. O prezo da ración será de 12 euros por persoa.


Ler Máis »

uploads/9/news/festa_filloa.jpg

EXPOSICIÓN RAZAS AUTÓCTONAS NA FESTA DA FILLOA DE MUIMENTA

29.04.2013. O próximo 1 de maio celebrarase en Muimenta (Cospeito, Lugo) a tradicional Festa da Filloa, declarada recentemente Festa de Interese Turístico de Galicia. Este evento sempre vai acompañado dunha serie de actividades entre as que este ano queremos destacar unha exposición de razas autóctonas, de xeito que os visitantes poderán, ademais de degustar as tradicionais filloas, contemplar exemplares das razas Ovella galega, Cabra Galega e Galiña de Mos propiedade de distintos criadores da comarca.


Ler Máis »

uploads/9/news/portada_autoctonas.jpg

NOVO PUNTO DE VENDA DO LIBRO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS”

O receitario Cociñando coas razas autóctonas, gañador dun dos Gourmand World Cookbook Awards de 2012 cos que se distingue a produción editorial gastronómica, xa se pode mercar desde esta semana na Libraría Pedreira de Santiago ...


Ler Máis »

uploads/9/news/redimensionarphp.jpg

TALLERES DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO SECTOR AGROGANDEIRO OS DÍAS 25 E 26 DE ABRIL

17.04.2013. A prevención de riscos laborais no sector agrogandeiro e forestal galego será unha das novidades que ofrece este ano Previsel, o oitavo Salón da Prevención e Seguridade Laboral que se celebra en Expourense os días 25 e 26 de abril.


Ler Máis »

uploads/9/news/xornadas_cachena_eume_2013.jpg

V XORNADAS DE TENREIRA CACHENA NO EUME E NO MANDEO

12.04.2013. A Asociación de Empresarios de Turismo do Eume (Tureume), en colaboración coa Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga,  porá en marcha o próximo venres 12 de abril unha nova edición das Xornadas Gastronómicas da ...


Ler Máis »

uploads/9/news/plato_ovella.jpg

XORNADAS GASTRONÓMICAS DA OVELLA GALEGA EN FOZ

8.11.2013. O pasado 23 de marzo, o establecemento de turismo rural Casa da Roxa (www.casadaroxa.com), situada en Vilaronte, Foz (Lugo) organizou unhas xornadas gastronómicas que tiveron como protagonista a Ovella Galega. Nestas xornadas os asistentes puideron degustar un menú no que o plato principal foi o cordeiro leitón de Ovella Galega con ensalada e patacas.


Ler Máis »


|
| © Boaga 2018