O domingo 7 de febreiro celébrase a XXXVI Feira do Grelo Nas Pontes de García Rodríguez, provincia da Coruña. Alí haberá unha mostra de razas autóctonas onde estará a Galiña de Mos , Ovella Gallega, ...
Mañá comeza unha nova edición de Xantar, a 17ª edición do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo XANTAR, que se celebrará do 3 ao 7 de febreiro de 2016 no recinto Feiral Expourense,(Finca Sevilla s/n ...
O pasado venres 15 de xaneiro a Tese Doutoral titulada "Caracterización da raza Galiña de Mos", presentada por Diego Rois, veterinario e Director Técnico de Avimós, obtivo a máxima cualificación de "sobresaínte cum laude".
A tese presentada na Facultade de Veterinaria de Lugo, aborda os aspectos tanto historicos, morfolóxicos, xenéticos, de análise da poboación, de estratexias para a súa promoción e a caracterización produtiva de varios dos produtos máis importantes da raza.
O impacto dos resultados foi moi grande tanto na prensa escrita coma en radio.
Nos seguintes enlaces pódese consultar máis referencias sobre o estudo.
Xornal da USC; El Progreso; La Voz de Galicia; Faro de Vigo;El Ideal Gallego; Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; Campo Galego; Galicia Confidencial
O pasado día 20 de xaneiro con motivo da Feira Internacional do Turismo FITUR, presentouse a Guía da Hostalería de Lugo, onde se fala de produtos da Galiña de Mos e da Ovella Galega. Asistimos ao stand de Galicia á súa presentación, contando ademais coa presenza de cociñeiros e de Madrid e autoridades cos que se intercambiaron coñecementos sobre as dúas razas.
mais en información en E para comer Lugo
Saíron publicadas as novas axudas para compensar os danos ocasionados por ataques do lobo ás reses gandeiras de Galicia, e están destinadas aos propietarios de gando vacún, ovino, cabrún, equino e porcino de Galicia, sempre e cando os danos procedan de ataques inevitables.
Estas axudas son de ámbito temporal e están pensadas para os danos producidos polo lobo, comunicadas dende o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016.
Os importes das axudas por morte figuran no anexo I da orde adxunta, en función da especie, idade e raza, e poderá ser incrementado nun 30%, cando o ataque se produza nos concellos incluídos no anexo III da orde adxunta.
Deberase comunicar o dano producido dentro das 24 horas seguintes ao ataque ao teléfono 012 en horario habil que é o seguinte:
De 8 a 20 horas (de lunes a viernes) y de 8 a 17,30 horas el sábado.
Hai un plazo de 45 días naturais dende a comunicación do dano para a solicitude da axuda. As condicións da solicitude da axuda, teléfono para comunicación de danos, importes das axudas e demais requisitos están recollidas na seguinte orde que pode descargar pinchando no seguinte enlace:
Máis información no seguinte enlace da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
Na Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces, celebrada o pasado 22 de decembro, participaron oito criadores de Galiña de Mos, que venderon varios dos exemplares no mercado que houbo. Tamén ...
Celebrouse unha animada Feira do Capón de Vilalba, onde os dous criadores da raza, Francisco Monasterio e David Cristóbal, agotaron os capóns da nosa raza autóctona presentados. Foron os únicos capóns de raza da feira ...
O día 10 de decembro celebráronse en Ourense as X xornadas de razas autóctonas españolas na que se abordaron distintos temas sobre a situación das razas autóctonas en perigo de extinción, e onde participaron en ...