Limpar
uploads/9/news/img_3350.jpg

GRAN ACEPTACIÓN DOS PRODUTOS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO XANTAR 2014

O 15º Salón Internacional do Turismo- Xantar, chegou ao seu fin. Celebrado en Ourense dos días 5 ao 9 de febrero de 2014 , contou coa presenza dos produtos das razas autóctonas galegas.

Entre outras actividades, fíxose un showcooking de razas autóctonas impartido polo cociñeiro Flavio Morganti, con maridaxe de viños da D. O. Ribeiro que tivo grande aceptación e afluencia de público. Puidéronse degustar hamburguesas e albóndigas de cordeiro de Ovella Galega, Pularda de raza Mos asada a baixa temperatura (65 grados), consomé de pularda de raza Mos e mais guiso de agulla de tenreira feita coas razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa.

A Federación de razas autóctonas de Galicia-BOAGA, dispuxo dun stand con información sobre razas autóctonas galegas onde se atendeu aos interesados e se venderon os novos peluches da Galiña de Mos, da Ovella Galega e o libro "Cociñando coas razas autóctonas".

Enlace a Showcooking razas autóctonas


Ler Máis »

uploads/9/news/img_8648-foto-recortada-peluches.jpg

NOVOS PELUCHES DA OVELLA GALEGA E DA GALIÑA DE MOS

FEBREIRO 2014

Xa temos os novos peluches da Galiña de Mos e da Ovella Galega. No noso almacén hai unha boa cantidade deles para que ninguén se quede sen el.

Feitos polas asociacións das dúas razas, AVIMOS e ASOVEGA e coa colaboración de Galileo Nenos e mais da nosa federación, pódense adquirir consultando os puntos de venda na páxina www.galileonenos.com ou na nosa oficina directamente.


Ler Máis »

uploads/9/news/xantar-2014-2.png

AS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN NO XANTAR, DO 5 AO 9 DE FEBREIRO DE 2014

RECINTO FEIRAL DE EXPOURENSE, Finca Sevilla s/n -32005-Ourense

A Federación de Razas Autóctonas de Galicia BOAGA, participará na 15ª edición do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo XANTAR, que se celebrará do 5 ao 9 de febreiro de 2014 no recinto Feiral Expourense,(Finca ...


Ler Máis »

uploads/9/news/masterclass-de-cocina-2.jpg

A CARNE DE CACHENA NUNHA “MASTERCLASS” DE COCIÑA AUTÓCTONA NA PROVINCIA DE LUGO

Restaurante Roma - Sarria; Mércores 11 de decembro de 2013 - 16:30h

O mércores 11 de decembro de 2013, ás 16:30h, celebrarase no restaurante Roma en Sarria, unha  Masterclass de Cociña Autóctona con carne de Raza Cachena entre outros. A Masterclass de cociña autóctona na que se pode participar, está enfocada a dar a coñecer un menú elaborado con moi bos produtos autóctonos da provincia de Lugo,  produtos da horta, da tenreira de raza Cachena e da carne de Porco Celta.

máis información en Masterclass de cociña


Ler Máis »

uploads/9/news/ii-encontro-gastronomico-de-samos.jpg

"RETIRO ESPIRITUAL" DAS CACHENAS DE SAN BREIXO

6 ao 8 de decembro - Abadía do Mosteiro de Samos

  Do 6 ao 8 de decembro terá lugar na abadía do Mosteiro de Samos o II ENCONTRO - FEIRA DA GASTRONOMIA CONVENTUAL E MONACAL NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO. Poderemos disfrutar dun evento que ten ...


Ler Máis »

uploads/9/news/restaurante-rio-lea_1.jpg

XORNADAS GASTRONÓMICAS DO GALO DE RAZA MOS NO RESTAURANTE "RÍO LEA" (CASTRO DE REI - LUGO)

Xornadas gastronómicas do 15 de novembro ao 8 de decembro de 2013

 Do 15 de novembro ao 8 de decembro celebraranse unhas novas xornadas do "GALO da RAZA MOS" no restaurante RIO LEA, en Castro Riberas de Lea, concello de Castro de Rei, Lugo.

Máis información en Restaurante Río Lea


Ler Máis »

uploads/9/news/gallo-de-mos-casa-perfeuto-maria_1.jpg

XORNADAS GASTRONÓMICAS DO GALO MOS EN OUTES (A CORUÑA)

XORNADAS GASTRONÓMICAS DE 1 DE NOVEMBRO A 31 DE DECEMBRO

 

Na Casa Perfeuto María, que está en Cabanamoura, no concello de Outes, na provincia da Coruña, celébranse unhas xornadas do Galo Mos ata final de ano. Os galos foron criados na granxa A Pataqueira, propiedade do criador Gervasio Mouro Ares, de Zas.

Para máis información pinche aquí.


Ler Máis »

uploads/9/news/img-20131008-wa0000.jpg

EXPO DEGUSTACIÓN DA GALIÑA DE MOS

SAN XIAO DE MOS. 27 de outubro de 2013

O domingo 27 de outubro, a parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, Lugo, celebra no campo da festa a exposición e degustación que todos os anos fan para promocionar a nosa raza, que leva o nome do seu pobo.

máis información en: Galiña de Mos


Ler Máis »


|
| © Boaga 2017