Limpar
uploads/9/news/1380367_778554615540221_6863381916532599591_n.jpg

AS RAZAS AUTÓCTONAS PARTICIPARÁN NO EXPOLUGO 2014

4 e 5 de outubro de 2014, Recinto Feiral Lugo.

Un ano mais, as razas autóctonas participarán nas actividades organizadas no EXPOLUGO 2014, con motivo das festas de San Froilán os días 4 e 5 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (Recinto Feiral o Palomar s/n, Lugo, ao carón da estrada Nacional VI).

Celebraranse as seguintes actividades organizadas polas asociacións pertencentes a BOAGA, nas que participan criadores da provincia de Lugo con razas autóctonas, e en colaboración coa Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e a Deputación Provincial de Lugo:

  • II Concurso-Exposición monográfico provincial da Galiña de Mos, no que participarán nove criadores e un total de 45 animais.
  • Exposición provincial das razas Cachena, Caldelá, Vianesa, Ovella Galega e Cabra Galega, no que participarán seis criadores e un total de 35 animais.
  • Mercado Alimentario de Razas Autóctonas, coa participación de dous criadores das razas Cachena e Vianesa e venda e promoción de carne procedente de animais das súas explotacións.

O horario de apertura ao público será de 11 da mañá a 9 da noite ininterrompido.

Ademais O sábado día 4, ás 11 da mañá, haberá polo centro de Lugo, un desfile de gando autóctono onde tamén participarán exemplares de Galiña de Mos e mais de Ovella Galega.


Ler Máis »

uploads/9/news/en-extensivo.jpg

AVANCE PROGRAMA DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA 2015-2020

Fomento de razas autóctonas en perigo de extinción. Páxina 146 e seguintes. Borrador PDR


Ler Máis »

uploads/9/news/meson.jpg

XORNADAS GASTRONÓMICAS DA CARNE VIANESA

Dende o venres, 19 de setembro en A Fonsagrada

O restaurante MESÓN CATRO VENTOS, situado en Barbeitos - A Fonsagrada- (Lugo) no camiño primitivo de Santiago, vai a celebrar dende este próximo venres unhas xornadas gastronómicas adicadas á carne de raza Vianesa. Neste caso os exemplares proceden dunha explotación de Baleira, Ganados Amanei, SL, xestionada por Amaro López, que se adica á cría en extensivo desta raza dende o ano 2007. Merece a pena achegarse, probala, e desfrutar do entorno.


Ler Máis »

uploads/9/news/10665281_805500649502397_6715841882028246736_n.jpg

FEIRA DAS CABRAS DE MERLÁN 2014

Domingo 21 de septiembre

O próximo domingo 21, celébrase a tradicional "FESTA DAS CABRAS DE MERLÁN" organizada como todos os anos pola Asociación de Veciños de Santo Tomé de Merlán,con presencia de Capriga Asociación de Gandeiros de Cabra Galega,exposición de animales, e degustación de carne de cabra de esta fabulosa raza Galega. A feria de caprino más importante de Galicia.
O Lugar Parroquia de San Tomé de Merlán.Campo da festa de Merlán.Chantada-Lugo. A Feira comeza pola mañá.

 más información en : https://www.facebook.com/festas.demerlan


Ler Máis »

uploads/9/news/cachena.jpg

I FESTA DA CACHENA EN SANTO ANDRÉ DE CAMPORREDONDO-RIBADAVIA

14 de setembro, ás 14:30 horas no campo da festa.

A organizadora deste evento é a Comunidade de Montes veciñais Coto de San Cibrao que iniciou a súa experiencia na cría desta raza en perigo de extinción en Ribadavia no ano 2011, dándonos agora a ...


Ler Máis »

uploads/9/news/razas-autoctonas-voz-de-galicia.png

“LAS VACAS AUTÓCTONAS VUELVEN A MUGIR”

Reportaxe de Xoan Ramón Alvite (Voz de Galicia) 6 de xullo de 2014

Con este título Xoán Ramón Alvite, periodista da Voz de Galicia, presentou hai un mes unha reportaxe extensa sobre as nosas 8 razas autóctonas de Galicia, Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Galiña de Mos e Cabra Galega, na que explica entre outras cuestións, o número de explotacións e animais por raza existentes neste momento, da orientación cárnica e do valor medio ambiental, das vías de comercialización dos produtos das autóctonas, impulso de marcas individuais e xestión viable das explotacións.

Pinche no título para máis información.

Para descargar a noticia completa pinche en Reportaxe Razas autóctonas


Ler Máis »

uploads/9/news/doc-escaneado01_1.jpg

E SE QUEREMOS FRIEIRESA…

PRÓXIMA CITA GASTRONÓMICA EN VIASCÓN.

O próximo 10 de agosto non podemos deixar de achegarnos ata COTOBADE, para poder desfrutar de uns becerros de raza Frieiresa criados en ecolóxico procedentes da explotación da CMVMC de Viascón; que para esta ocasión ...


Ler Máis »

uploads/9/news/10540921_731131643621254_6892036328955502239_n.jpg

XORNADAS GASTRONÓMICAS DO AÑO OU CORDEIRO DE RAZA OVELLA GALEGA NAS FRAGAS DO EUME

25 xullo-3 agosto Fragas do Eume (Pontedeume)

Co fin de dar a coñecer a nosa raza ovina galega, Antonio Díaz cociñeiro do Andarubel Fragas Do Eume.  presenta as I Xornadas Gastronómicas do cordeiro da raza Ovella Galega.“cordeiro ao forno”, “chuletillas”, “paletilla braseada”, e outras elaboracións, para homenaxear a nosa raza. Cordeiros da raza Ovella galega en ecolóxico, da explotación SAT Torre de Arcos. As xornadas celebraranse dende o venres 25 de xullo ás 13:00 ata o día 3 de agosto ás 16:00h.


Ler Máis »


|
| © Boaga 2017