Limpar
uploads/9/news/fitur-2015-2.jpg

A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA ESTARÁN EN FITUR 2015

28 xaneiro - 1 febreiro 2015- Madrid

Un ano máis a Galiña de Mos e a Ovella Galega estará en Fitur 2015, Hoxe mércores 28 de xaneiro ás 16:00h presentarase no stand de Turgalicia, na Feira Internacional do Turismo en Madrid, a Guía da Hostalería Lucense "E para comer Lugo" 2015. Nesta publicación que fala de turismo gastronómico, inclúense produtos de calidade nos que aparece Galo Mos e o cordeiro de Ovella Galega.

Haberá tamén representación de Avimós-Asociación de Avicultores da raza Galiña de Mos e máis de Asovega-Asociación de Criadores de raza Ovella Galega , aproveitándose para facer unha presentación dos produtos das dúas razas diante de hosteleiros madrileños, grazas á invitación da Asociación de Empresarios da Hostelería de Lugo.


Ler Máis »

uploads/9/news/foto-para-noticia-lobo.jpg

AXUDA PARA PALIAR DANOS LOBO PARA O ANO 2015

Publicado no DOG. 235, do martes 9 decembro 2014

ORDEN de 20 de noviembre de 2014 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas para paliar los daños producidos por el lobo y se convocan para el año 2015. Da Consellería ...


Ler Máis »

uploads/9/news/a3ventacapc3b3n.jpg

OS CAPÓNS DA RAZA AUTÓCTONA VOLTAN Á FEIRA DO CAPÓN DE VILALBA

21 decembro de 2014, Vilalba

Este domingo celébrase a Feira do Capón de Vilalba e haberá unha gran novidade. A granxa de avicultura artesanal "Aves do Concello" na que se cría aves da raza Galiña de Mos, presentará varios lotes de exemplares de capóns feitos a partir da nosa raza.

Noraboa aos nosos criadores.
máis información en: AVIMÓS

Ler Máis »

uploads/9/news/10850189_1507568146175027_3819321029926002660_n.jpg

ESTE DOMINGO A FEIRA DE NADAL DO GALO DE CURRAL

21 decembro de 2014, Vila de Cruces
Este domingo celébrase en Vila de Cruces unha nova edición da Feira do Galo de Curral. Na feira comercializanse galos obtidos de estirpes industriais pero tamén, varios dos nosos criadores porán á venda exemplares da  raza autóctona Galiña de Mos.
Nesta edición haberá unha exposición avícola de aves ornamentais e tamén, 20 cociñeiros ofrecerán unha degustación gratuíta feita con galos da nosa raza, cociñados de diferentes maneiras.
Animámosvos a todos a asistir.
máis información en :  AVIMÓS

Ler Máis »

uploads/9/news/wido-peluches_2.jpg

PARA O NADAL MERCA OS PELUCHES DA GALIÑA DE MOS E DA OVELLA GALEGA

Decembro 2014

Fai uns días o xornal El Progreso de Lugo, publicou un artigo sobre Galileo Nenos,empresa que colaborou con nós en facer o peluche da Galiña de Mos e a Ovella Galega

Neste enlace podemos ver a súa entrevista.

Se queres mercar o teu peluche pincha no seguinte enlaces: PELUCHES GALIÑA DE MOS E OVELLA GALEGA


Ler Máis »

uploads/9/news/xornadas-galo-de-mos-no-rio-lea.jpg

Xornadas gastronómicas do Galo Mos no Restaurante Río Lea

Do 14 de novembro ao 8 de decembro de 2014, Castro Riberas de Lea
Un ano máis o restaurante Río Lea en Castro Riberas de Lea, concello de Castro de Rei, Lugo, organiza xunto coa granxa "Chousa do Lea" de onde proveñen os galos, unhas xornadas do "GALO da RAZA MOS" que se celebrarán do 14 de novembro ao 8 de decembro.

Unha interesante proposta que nos fan os organizadores para degustar este manxar.

Máis información en AVIMOS e nos Facebook :

Galiña de Mos

Restaurante Río Lea

Chousa do Lea


Ler Máis »

uploads/9/news/sanmartino2014web.jpg

AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA FEIRA CABALAR DE SAN MARTIÑO DE TEO 2014

11 de novembro 2014, Lugar de Francos-Calo (Concello de Teo)

Mañá 11 de novembro, con motivo da Festa do San Martiño, celébrase en Teo , no lugar de Francos- Parroquia de Calo, a feira cabalar tradicional mais importante de Galicia, onde tamén participarán as nosas razas autóctonas. Exporán os criadores Roberto Louzán (Viascón-Cotobade) con exemplares de Frieiresa, Mercedes Alonso(Cotobade) con exemplares de Caldelá e Limiá, José Canda (Lalín) con exemplares de Cabra Galega e Marco Antonio Feijóo (Teo), con exemplares de Galiña de Mos.

Ademais de exposición de gando tamén haberá feira de artesáns e produtos ecolóxicos.


Ler Máis »

uploads/9/news/portada-curso-de-primeros-auxilios.jpg

CONVOCATORIA CURSOS DE PRIMEIROS AUXILIOS NO SECTOR AGROGANDEIRO E FORESTAL

Vaise impartir cursos de  Formación de PRIMEIROS AUXILIOS  en 40 Concellos  de toda Galicia. É unha formación específicamente orientada e dirixida para os EMPREGADOS ou DESEMPREGADOS do sector  AGRICOLA, GANDEIRO E FORESTAL, e esta cofinanciada polo  ISSGA e o Ministerio de Agricultura Alimentación y Medio Ambiente.

Para todo aquel que estea interesado pode descargar os documentos adxuntos de inscripción e carteis dos lugares e datas de impartición, nos seguintes enlaces:

Anuncios de convocatorias

Folla de inscripción dos cursos

Resolución de convocatoria;

  Teléfono de información da entidade executora do proxecto formativo, HERCULES FORMACION S.L. : 881-91 59 62

Desde o link http://primeirosauxilios.herculesformacion.com/, tamén hai mais información sobre estes cursos.


Ler Máis »


|
| © Boaga 2017