Limpar
uploads/9/news/meson-catro-ventos-a-fonsagrada-portada_1.jpg

XORNADAS GASTRONÓMICAS DE CARNE DE RAZA VIANESA NA FONSAGRADA

A Fonsagrada (Lugo). 31 de outubro - 8 de novembro de 2015

Este sábado 31 de outubro de 2015, darán comezo unhas novas xornadas gastronómicas adicadas á carne de raza Vianesa. As xornadas que se prolongarán ata o 8 de novembro, celebraranse no restaurante Mesón Catro Ventos, situado en Barbeitos - A Fonsagrada- (Lugo) no camiño primitivo de Santiago.

Os exemplares de Vianesa proceden da explotación de Baleira, Ganados Amanei, SL, xestionada por Amaro López, que se adica á cría en extensivo desta raza dende o ano 2007. Non o perdan.


Ler Máis »

uploads/9/news/1779886_679176188885712_7044529177739594004_n.jpg

EXPO DEGUSTACIÓN DA GALIÑA DE MOS

San Xiao de Mos- Lugo 25 de outubro de 2015

Este domingo celébrase a Expo Degustación da Galiña de Mos en Castro de Rei, Lugo, no pobo de San Xiao de Mos. Os criadores da zona organizan un ano máis, en colaboración co concello de Castro de Rei, unha degustación que se servirá nunha carpa para preto de 1.000 comensais. Noutra carpa anexa haberá exposición de exemplares de Galiña de Mos, de criadores da zona e da comarca da Terra Chá, patrocinada polo concello de Castro de Rei en colaboración con Avimós, así como outras actividades. Esperámosvos a todos.


Ler Máis »

uploads/9/news/galicia-gourmet-extravaganza.png

ÉXITO DOS PRODUTOS DA GALIÑA DE MOS E DA CARNE DE RAZA CACHENA EN LONDRES

Londres 15-19 outubro de 2015

Con motivo do evento Galician Gourmet Extravaganza, celebrado entre o 15 e o 18 de outubro no hotel Meliá White House de Londres, ofrecéronse case 500 menús con produtos de calidade galegos, sendo tres dos sete platos formados por produtos da Galiña de Mos e de raza Cachena:

  • “Huevo de Colón”: Ovo de Galiña de Mos, aceite e chourizo de cabaza.
  • “Atún de chianti”: feito con carne de raza Cachena, aceite e conservas
  • “Gallo de Mos con queso San Simón”: Galo de Mos, con queixo San simón da Costa e cervexa. primeiro sendo

Pódese descargar o seguinte documento gráfico

A prensa sinalou que o evento foi un grande éxito.

Feira Galician Gourmet Extravaganza

http://gourmetextravaganza.com/menu/


Ler Máis »

uploads/9/news/expolugo-2015-modificado.jpg

ÉXITO DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO EXPOLUGO 2015

Lugo. días 3 e 4 de outubro de 2015

Os días 3 e 4 de outubro e con motivo das festas de San Froilán, celebrouse en Lugo outra edición da feira Expolugo Mostra Gandeira 2015, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

Celebráronse distintas actividades que se poden descargar no seguinte DOCUMENTO GRÁFICO DO EXPOLUGO 2015:

  • Un desfile de gando autóctono polo centro de Lugo
  • Exposición provincial das razas Cachena, Caldelá, Vianesa, Ovella Galega e Cabra Galega
  • Celebración do III Concurso-Exposición Monográfico Provincial da Galiña de Mos, no que participaron nove criadores e un total de 42 animais.
  • Mercado Alimentario de Razas Autóctonas
  • Degustación de carne das razas autóctonas Cachena, Vianesa e Galo de Mos.

Ler Máis »

uploads/9/news/cartel-expolugo-2015-724x1024.jpg

AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS E OS SEUS PRODUTOS SERÁN AS PROTAGONISTAS NA FEIRA EXPOLUGO 2015

Lugo. días 3 e 4 de outubro de 2015

Este fin de semana, e con motivo das festas de San Froilán, os días 3 e 4 de outubro vaise celebrar en Lugo outra edición da feira EXPOLUGO, sito no Pazo de Feiras e Congresos ...


Ler Máis »

uploads/9/news/portada-1.jpg

FEIRA DO POLDRO E DO GANDO DE MONTE

Esta fin de semana a cita é no Concello de Muras onde se vai a celebrar unha nova edición da Feira do Poldro e do Gando de Monte. Contaremos coa presencia dun stand de razas ...


Ler Máis »

uploads/9/news/cartel-merlan.jpg

MERLÁN: A feira galega do gando cabrún

Convidámolos a participar, o próximo domingo 20 de setembro, nesta nova edición da tradicional "FESTA DAS CABRAS DE MERLÁN". Organizada como todos os anos pola Asociación de Veciños de Santo Tomé de Merlán, no campo ...


Ler Máis »

uploads/9/news/cartel-a-fia-2015.jpg

A LÁ: OUTRO PRODUTO DA OVELLA GALEGA

Os vindeiros días 12 e 13 de setembro, o pobo de Lavandeira no Concello de Cabanas (A CORUÑA), vai acoller a séptima edición da FIA DA LÁ. Para nós o interesante desta Xuntanza é a ...


Ler Máis »


|
| © Boaga 2017