Limpar
uploads/9/news/img-20160207-wa0035.jpg

AS NOSAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA FEIRA DO GRELO EN AS PONTES.

O domingo 7 de febreiro celebrouse a Feira do Grelo das Pontes. Como novidade este ano houbo unha mostra de razas autóctonas organizada polo concello da localidade e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga. ...


Ler Máis »

uploads/9/news/labranza-5.png

OS CENTROS DE ENVASADO DE OVOS DE GALIÑA DE MOS NO PROGRAMA LABRANZA DA TVG

O Domingo 7 de Febreiro emitiuse no programa Labranza da Galega, un programa , sobre os centros de embalaxe (ou envasado) de ovos de raza Galiña de Mos procedentes de explotacións avícolas artesanais.Trata de todo proceso da cadea alimentaria, dende como se manexa unha explotación avícola artesanal de Galiña de Mos, a recollida de ovos, o propio centro de envasado e ata o proceso final na venda en tendas para o consumidor final e restaurantes.

A reportaxe comeza a partir do minuto 13 e 36 segundos, para ver o programa pinche en LABRANZA CENTRO DE ENVASADO OVOS GALIÑA DE MOS.


Ler Máis »

uploads/9/news/programa2-as-pontes.jpg

ESTE DOMINGO 7 DE FEBREIRO AS NOSAS RAZAS AUTÓCTONAS ESTARÁN EN AS PONTES

As Pontes de García Rodríguez. 7 febreiro 2016

O domingo 7 de febreiro celébrase a XXXVI Feira do Grelo Nas Pontes de García Rodríguez, provincia da Coruña. Alí haberá unha mostra de razas autóctonas onde estará a Galiña de Mos , Ovella Gallega, ...


Ler Máis »

uploads/9/news/xantar.png

AS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN NO XANTAR, DO 3 AO 7 DE FEBREIRO DE 2016

RECINTO FEIRAL EXPOURENSE, FINCA SEVILLA S/N 32005-OURENSE

Mañá comeza unha nova edición de Xantar,  a 17ª edición do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo XANTAR, que se celebrará do 3 ao 7 de febreiro de 2016 no recinto Feiral Expourense,(Finca Sevilla s/n ...


Ler Máis »

uploads/9/news/2016-01-15-140949.jpg

UNHA TESE DOUTORAL SOBRE A RAZA GALIÑA DE MOS CAUSA UN GRAN IMPACTO.

15 de xaneiro de 2016

O pasado venres 15 de xaneiro a Tese Doutoral titulada "Caracterización da raza Galiña de Mos", presentada por Diego Rois, veterinario e Director Técnico de Avimós, obtivo a máxima cualificación de "sobresaínte cum laude".

A tese presentada na Facultade de Veterinaria de Lugo, aborda os aspectos tanto historicos, morfolóxicos, xenéticos, de análise da poboación, de estratexias para a súa promoción e a caracterización produtiva de varios dos produtos máis importantes da raza.

O impacto dos resultados foi moi grande tanto na prensa escrita coma en radio.

Nos seguintes enlaces pódese consultar máis referencias sobre o estudo.

Xornal da USCEl ProgresoLa Voz de GaliciaFaro de Vigo;El Ideal GallegoDiario de FerrolGalicia ConfidencialCampo GalegoGalicia Confidencial


Ler Máis »

uploads/9/news/img_20160120_153947.jpg

AS RAZAS GALIÑA DE MOS E OVELLA GALEGA EN FITUR 2016

20 de xaneiro de 2016

O pasado día 20 de xaneiro con motivo da Feira Internacional do Turismo FITUR, presentouse a Guía da Hostalería de Lugo, onde se fala de produtos da Galiña de Mos e da Ovella Galega. Asistimos ao stand de Galicia á súa presentación, contando ademais coa presenza de cociñeiros e de Madrid e autoridades cos que se intercambiaron coñecementos sobre as dúas razas.

mais en información en E para comer Lugo


Ler Máis »

uploads/9/news/axudas-por-ataque-de-lobo.jpg

NOVAS AXUDAS 2016 PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POR ATAQUE DO LOBO.

Xaneiro 2016

 Saíron publicadas as novas axudas para compensar os danos ocasionados por ataques do lobo ás reses gandeiras de Galicia, e están destinadas aos propietarios de gando vacún, ovino, cabrún, equino e porcino de Galicia, sempre e cando os danos procedan de ataques inevitables.

Estas axudas son de ámbito temporal e están pensadas para os danos producidos polo lobo, comunicadas dende o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016.

Os importes das axudas por morte figuran no anexo I da orde adxunta, en función da especie, idade e raza, e poderá ser incrementado nun 30%, cando o ataque se produza nos concellos incluídos no anexo III da orde adxunta.

Deberase comunicar o dano producido dentro das 24 horas seguintes ao ataque ao teléfono 012 en horario habil que é o seguinte:

De 8 a 20 horas (de lunes a viernes) y de 8 a 17,30 horas el sábado.

Hai un plazo de 45 días naturais dende a comunicación do dano para a solicitude da axuda. As condicións da solicitude da axuda, teléfono para comunicación de danos, importes das axudas e demais requisitos están recollidas na seguinte orde que pode descargar pinchando no seguinte enlace:

Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2016.

Máis información no seguinte enlace da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio


Ler Máis »

uploads/9/news/img_20151222_105328.jpg

NA FEIRA DO GALO DE CURRAL DE VILA DE CRUCES PARTICIPARON OITO CRIADORES DA RAZA GALIÑA DE MOS

22 decembro 2015- Vila de Cruces

Na Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces, celebrada o pasado 22 de decembro, participaron oito criadores de Galiña de Mos, que venderon varios dos exemplares no mercado que houbo. Tamén ...


Ler Máis »


|
| © Boaga 2017