Limpar
uploads/9/news/img_20151202_123737_1.jpg

UN GALO E UNHA GALIÑA DE MOS ENTRAN NAS AULAS DO COLEXIO DE LAXE

Novembro 2015. Laxe (A Coruña)

O CPI Cabo da Area, de Laxe, na provincia da Coruña, recibíu unha visita destacada a pasada semana. Un Galo e unha Galiña de Mos entraron nas aulas de infantil, con motivo dunha charla didáctica impartida aos nenos dese colexio. 

Os rapaces disfrutaron moito observando aos exemplares e atendendo ás explicacións impartidas sobre a vida das galiñas e da súa cría.

Unha experiencia que se complementou coa incubación de ovos dos que saíron poliños, podendo ver os nenos o ciclo completo do nacemento do polo.

Para ver as fotos pulsar aquí.

Mais información da raza en AVIMOS


Ler Máis »

uploads/9/news/img-20151213-wa0010.jpg

A GALIÑA DE MOS ESTIVO EN MELIDE

12-13 Decembro 2015 Melide (A Coruña)

Os días 12 e 13 de decembro a Galiña de Mos estivo na Feira Alimentaria Manxares, en Melide. Estivemos coa criadora do mesmo concello Dolores Mosteiro e o seu fillo Manuel, que impartiron información sobre a súa granxa e sobre a nosa raza.

A feira estivo moi animada e foi un bo escaparate para os produtos da zona.

Mais información en AVIMÓS


Ler Máis »

uploads/9/news/img-20151205-wa0020.jpg

A GALIÑA DE MOS ESTIVO EN ORDES

5 decembro 2015. Ordes (A Coruña)

O sábado 5 de decembro celebrouse o I Feirón Adina, no recinto feiral de Mesón do Vento, no concello de Ordes. Alí estivo Avimós acompañando á criadora Cruz Grille, que presentou uns exemplares da nosa raza e se repartíu moita infrormación publicitaria.


Ler Máis »

uploads/9/news/img-20151118-wa0012.jpg

ESTE XOVES UNHA TAPA DE GALO DE MOS EN SANTIAGO (É) TAPAS.

Xoves 19 de novembro de 2015. Restaurante o Ferro. (Santiago de Compostela)

Dentro do VIII Concurso de tapas de Santiago de Compostela, denominado Santiago(é)tapas, este xoves 19 de novembro, estará dedicada a diversos produtos das áreas cercanas á cidade, podéndose degustar no Restaurante O Ferro, unha tapa de Galo de Mos con níscalos, preparada polo restaurante DonDin de Vila de Cruces.


Ler Máis »

uploads/9/news/galo-de-mos-concurso-de-tapas-milagrosa.png

NO CONCURSO DE TAPAS DA MILAGROSA (LUGO) HABERÁ GALO DE MOS

Barrio da Milagrosa (Lugo)12-22 novembro de 2015

No I Concurso de Tapas do barrio da Milagrosa, da cidade de Lugo, que comenzou onte día 12 e ata o 22 de novembro deste mes, haberá unha tapa con pataca rechea de Galo Mos con salsa de queixo San Simón e salsa de arándanos. Esta tapa ofrecerase na cervecería Lagar, na Rúa Milagrosa 38. Os galos son proporcionados pola granxa Chousa do Lea.


Ler Máis »

uploads/9/news/meson-catro-ventos-a-fonsagrada-portada_1.jpg

XORNADAS GASTRONÓMICAS DE CARNE DE RAZA VIANESA NA FONSAGRADA

A Fonsagrada (Lugo). 31 de outubro - 8 de novembro de 2015

Este sábado 31 de outubro de 2015, darán comezo unhas novas xornadas gastronómicas adicadas á carne de raza Vianesa. As xornadas que se prolongarán ata o 8 de novembro, celebraranse no restaurante Mesón Catro Ventos, situado en Barbeitos - A Fonsagrada- (Lugo) no camiño primitivo de Santiago.

Os exemplares de Vianesa proceden da explotación de Baleira, Ganados Amanei, SL, xestionada por Amaro López, que se adica á cría en extensivo desta raza dende o ano 2007. Non o perdan.


Ler Máis »

uploads/9/news/1779886_679176188885712_7044529177739594004_n.jpg

EXPO DEGUSTACIÓN DA GALIÑA DE MOS

San Xiao de Mos- Lugo 25 de outubro de 2015

Este domingo celébrase a Expo Degustación da Galiña de Mos en Castro de Rei, Lugo, no pobo de San Xiao de Mos. Os criadores da zona organizan un ano máis, en colaboración co concello de Castro de Rei, unha degustación que se servirá nunha carpa para preto de 1.000 comensais. Noutra carpa anexa haberá exposición de exemplares de Galiña de Mos, de criadores da zona e da comarca da Terra Chá, patrocinada polo concello de Castro de Rei en colaboración con Avimós, así como outras actividades. Esperámosvos a todos.


Ler Máis »

uploads/9/news/galicia-gourmet-extravaganza.png

ÉXITO DOS PRODUTOS DA GALIÑA DE MOS E DA CARNE DE RAZA CACHENA EN LONDRES

Londres 15-19 outubro de 2015

Con motivo do evento Galician Gourmet Extravaganza, celebrado entre o 15 e o 18 de outubro no hotel Meliá White House de Londres, ofrecéronse case 500 menús con produtos de calidade galegos, sendo tres dos sete platos formados por produtos da Galiña de Mos e de raza Cachena:

  • “Huevo de Colón”: Ovo de Galiña de Mos, aceite e chourizo de cabaza.
  • “Atún de chianti”: feito con carne de raza Cachena, aceite e conservas
  • “Gallo de Mos con queso San Simón”: Galo de Mos, con queixo San simón da Costa e cervexa. primeiro sendo

Pódese descargar o seguinte documento gráfico

A prensa sinalou que o evento foi un grande éxito.

Feira Galician Gourmet Extravaganza

http://gourmetextravaganza.com/menu/


Ler Máis »


|
| © Boaga 2017